sábado, junio 30, 2007

CHEGAMOS !!!
Hoxe o espazo aereo europeo andaba mal.
Entre a ameaza de Ibiza -da que me acabo de enteirar- e a bomba do aeroporto de Glasgow, todo foi moi lento... tanto que en vez de saír ás 4 e 10 saimos ás 6 da tarde...
En calquera caso, que todos os problemas sexan eses. Chegamos pois, tamén con retraso e non foi ata as 7 e pico locais que non chegamos... pois con tanta orde e contraorde de hora, as familias foron convocadas para as 8,15 locais, polo que nos deu tempo a botar uns paliques e adiviñar "de quen era cada familia". En vinte minutos ou así, estaban todos distribuidos.
Agora van unha fotos e xa seguiremos mañá.
Por certo, o voo, ben. Non chovía ao chegar e ao anoitecer, fresco.