domingo, julio 01, 2007

DIA 1 DE XULLO CHUVIA... e todo OK Facendo a proba de nivel

o mundo dos contrastes: A xitana rumana e Joyce.

¿Como lle chaman aquí aos xelados de copa de moca? Choveu hoxe máis que o ano pasado nos vinte e un días que estivemos. Aquí todo o mundo se anda queixando do tempo chuvioso deste ano. Os xornais xa falan da primavera e arranque de verán con máis auga desde hai trinta anos... Ou sexa, queixarse do tempo, nada fóra do normal. Hai un refrán irlandés que di “If you don’t like the irish weather... wait five minutes” ou sexa “se non che gusta o tempo irlandés... espera cinco minutos”. E certamente variou moitas veces no día: auga, máis auga, sol, nube, auga, calor, auga... Agora, non chove. Así pois empezamos mollados e ben. Tivemos o primeiro encontro cos rapaces ao faceren a proba de nivel. As directoras da escola, vistos os resultados, dixéronnos que a maioría teñen un bo nivel. Contáronnos que foran ben acollidos nas casas. Uns con máis nenos e outros con menos. Uns estiveron máis tempo e paliquearon todo o día; outros, con isto de levarmos “dez veteranos” pois xuntáronse entre eles e deron unha volta pola zona. Pero ningún relatou ningún problema especial nas casas. A boa impresión que nos deron as familias, parece confirmarse. Extensible esta boa impresión ás novas responsables da escola, Susane e Deidre, antigas profesoras que coñeciamos do ano pasado, e que este curso asumiron a responsabilidade da dirección, Mañá ás nove dividiranos por clases e comezaran a traballar nas aulas. Pola tarde, iremos ao Cárcere de Dublín, xunto co guía responsable das nosas actividadesao cárcere... Xa lles contarei. Por certo, onte no avión coincidimos con outros tres pequenos grupos máis de rapaces que ían desde Galicia a Irlanda... ¡Canto se move a xente hoxe ¡ ¡Que boa época lles tocou aos nosos fillos! E fin, mañá seguimos. (Perdóenme a broma groseira, pero é curioso como lle chaman aos xelados de copa de moca...)

1 Comments:

Blogger Paulino González said...

Muy buena la idea del Blog. No hay nada mejor como ser padre de alumno/a para darse de cuenta de lo importante que son ciertas cosas que muchos de nuestros compañeros calificaría como "paridas de cara a la galería". Animo Alfonso.

11:15 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home