Pois segue o tempo avolto. Chove e para e volve chover e volve parar. Hoxe ás nove menos cuarto collemos, a inmensa maioría o bus na Igrexa de Seabury e fomos ao centro. Ás nove estabamos todos xa preparados na sede de “abaixo” do Irish College of English onde nos fixeron esperar un pouco para a distrubución nas aulas por niveis. O caso é que á primiera hora estiveron facendo tests a italianos e franceses e facendo distribución por grupos de nivel. Uns marcharon á escola “de arriba (Plankett) mentres que o resto quedaba abaixo na sede orixinal. Os “de arriba” están nun edificio moi funcional, que é escola infantil durante todo o ano. Cada aula ten saída independente ao patio exterior e comunicación interior cun patio cuberto que fai de ximnasio-espazo multiusos. Creo que están mellor aloxados que o ano pasado.
O Test inicial non parecía ser demasiado profundo nin estenso, polo que sería posible se producisen novidades en canto á adxudicación de niveis, cousa á que, por suposto, sempre están abertos.
Comemos o packed lunch –un encontro inolvidable para moitos- preto da zona do colexio de arriba e despois marchamos coa nosa “guía”, Srta. Thosmond ao cárcere de Kilmainham. Collemos o DART e baixamos en Conolly Station. O paseo ata a zona á beira do río onde apañar o bus que nos levara ao cárcere foi todo chuvia. Espectacultar nalgúns momentos, como cando estabamos ao lado da estatua de Joyce.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home