miércoles, julio 04, 2007

DIA 4 MÉRCORES, CHUVIA E BOLEIRA No interese de sermos bos veciños, pedímoslles aos nosos clientes que procuren nos facer ruído cando abandonen este lugar. Graciñas por usar os nosos servizos. Hoxe foi un día tranquilo que agora –son as sete menos cuarto aí- se volveu de auga auga. Estivo choviñando todo o día, pero agora parece que se toma a cousa en serio. Despois das clases, como presumiblemente non estaba día para deportes, leváronnos a unha boleira próxima. Cadrou ser no mesmo lugar onde foramos ao cine o ano pasado. Pero antes de coller o bus –despois do packed lunch- tivemos un encontro delicioso. Daniel Goleman pon como exemplo no seu libro “A intelixencia emocional”, un conductor negro dos autobuses, creo que de Chicago, que lle alegraba a vida aos pasaxeiros, con bromas brancas, palabras amables, etc. e comentaba o importante que é crear en lugares de presunta tensión este tipo de clima. Pois ben, sen ter lido o libro, hai na liña 42 de Dublín a Malahide un vello conductor que fai outro tanto. O ano pasado bromeando dicíalle aos despistados que non pasasen o billete pola máquina ticadora que o que tiñan que facer era cantar unha canción... Este ano, viunos esperando na parada para ir á boleira, parou o bus, baixou, saudounos, desexounos unha feliz estancia, lembrou as cancións galegas que lle cantaramos e dixo que a ver cando coincidiamos... Un tipo encantador. Xogando aos bolos A boleira horrible. Encantaoulle aos rapaces. Espantosa. Divertíronse moito. Escura e agobiante. Pasárono de marabilla. Estaba nunha especie de centro de ocio hiperconsumista e ultramoderno -había ata ruletas automáticas e máquinas desas que varren as moedas e non chegan a caer fóra. Pero en fin, tamén hai que saber controlarse e non todo vai ser cultura. Menos mal que mañá imos ao Trinity College e veremos o libro de Kells, que ben merece unha viaxe a Irlanda. Polo demais, todo transcorre sen ningún inconveniente. Adriana Iglesias Enma González Juan Pascual e Victor Alvarez

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

http://www.alargamientodepene.net/

www.penisplus.com

2:48 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

http://www.alargamientodepene.net/

2:48 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home