DIA 5 XOVES. CHUVIA E LIBRO DE KELLS
Un millón de millas por un dos seus sorrisos
O ano pasado visitaron Irlanda sobre 7 millóns de persoas.
Turismo de Irlanda. Todos formamos parte do equipo.
Isto da chuvia é unha lata. Entre poder estar deitado nun dos moitos xardíns e campos que aquí hai ou ver como se dan a volta os paraugas coas rachas de vento, podía haber un intermedio... A única cousas positiva é que o tempo é unicamente susceptible de mellorar, así que cun pouco de sorte cando vaiamos a Arán, estará mellor.
Hoxe despois da clases e dun pequeno inconveniente médico –unha dor de garganta á que o doutor aconsella antibióticos- fomos a Dublín a ver o Trinity College –vella universidade da capital irlandesa- e sobre todo a impresionante biblioteca e a exposición ao redor do libro de Kells.
Nerea Gil Lozano
Teo Cid e Gael Carballo
Despois demos tres horas libres –nas que non choveu- e recollémonos nun punto para virmos ao Malahide.
Miguel Pulido e Javier Blanco
O tren tardou o seu, e o bus en Malahide para irmos ao barrio de Seabury, tamén. Non chegamos a casa ata as 10... menos mal que lles dixeramos nas casas que non nos peerasen para cear –ás seis da tarde.
En fin, todo tranquilo, mollado e ben.
Laura Rodriguez Sotelo
http://es.wikipedia.org/wiki/Libro_de_Kells
http://www.tcd.ie/
http://es.wikipedia.org/wiki/Trinity_College_(DublÃn)
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home