viernes, julio 06, 2007

DIA 6 VENRES. CHUVIA E HOWTH Creo recordar que lles dixen que por aquí chovía... Pois hoxe fíxoo tres veces cunha intensidade enorme e tres veces saiu o sol. O máis simpático foi que pola mañá, como non había auga, fomos ao denominado polos alumnos do ano pasado “Puto Parque” porque sempre acababamos ali para a comer, e mentres eu estaba sacando as fotos “oficiais” deste acontecemento de normalidade, abriuse o ceo e durante vinte minutos caeu o que caeu. Pois a mañá foi tranquila. A gorxa enfriada vai mellorando, hai algunha afonía e pouco máis. Despois das clases e da comida, formos en tren ata Howth que é o porto pesqueiro de Dublín e unha península desde a que hai unha vista fermosísima. Estabamos pola zona do peirao e, novamente, o ceo se derramou sobre nós. Pola noite (ou sexa de sete a nove) houbo sesión de discoteca con outros grupos da escola nun polideportivo parroquial... pero foi bastante rollo. A maioría dos rapaces preferiu organizar unha partida de baloncesto e xogar cos italianos. En calquera caso, pasárono ben e mañá imos a Glendalough. A ver o lugar do nacemento do románico e da Irlanda moderna.
Comendo no parque
Empezando a primeira chuvia do día
Aínda máis auga
O vello xubilado dándolle de comer... ós corvos
Elas
Porto