DIA 7 SÁBADO. GLENDALOGH E... CHUVIA, POUCA.
Este é o autobuseiro que nos fai feliz a mañá.
Hoxe saimos ás dez da maña de cara a Glendalough. A mañá amaneceu, a eso das 4,30, chea de luz e case sen nubes. Ao longo do día non foi a mellor pero mantívose o suciente para disfrutarmos ben do día. Realmente só nos choveu un pouco mentres estabamos ao pé dos lagos polo que o problema da auga hoxe foi pequeno. Encontrámonos algúns co condutor de autobús do que lles falei o outro día, o que lles fai a vida máis agradable aos pasaxeiros. Foi un bo comezo.
Desde a escola dixérannos onte que a visita ao Centro de Intrepretación do lugar non era posible, pero ao final puidemos nós arranxar o tema in situ para que os rapaces que non estiveran o ano pasado no lugar puidesen ver o audiovisual sobre as orixes do cristianismo en Irlanda, os primeiros anacoretas –moi no estilo da Ribeira sacra- e o propio lugar de Glendalough. Ademais, nunha rápida visual á exposición que tiña, vimos un petroglifo representando un labirinto, idéntico absolutamente ao da praia de Mogor en Marín. Non é nada raro dado que se lle atribúen aos navigantes do Atlántico que andaban nos tempos do rei que rabiou –para recuperar unha vella expresión galaica- percorrendo occidente en busca de estaño. Do calcolítico ou primeiro bronce. Creo. En calquera caso é un tema que se presta á elucubración e o misterio.
Como non paramos para comer, os días fanse longos e intensos. Desta forma, ás tres e media , despois de ter comiscado os nosos "packed lunch" e dar unhas voltas por un lago glaciar rodeado dunha natureza marabillosa e cheo de españois, emprendemos a viaxe de volta, sen molladura especial. Sobre as cinco e pouco estabamos en Malahide, dispostos a cear.
Mañá domingo é “fámily day”. Insistímoslles aos rapaces que aproveitasen o día para falar coas familias e practicaren o inglés ao máximo. A ver se nos fan caso. Nós teremos, como sempre, o teléfono aberto e iremos a Dublín. Moito me estrañaría non nos topar alí a algúns.
De momento todo ben e incluso o tempo parece que vai a mellor. Os rapaces comentan que entenden moito máis que cando chegamos hai unha semana. E nós felices porque é do que se trata. Para iso vimos.
O labirinto de Glendalough
As primitivas igrexas irlandesas
O paseo
O lago superior
Sara Paez
Alejandro Rodríguez e Luís Darriba
Raquel Atanes, Ágata Gavilán, rock stars.









1 Comments:
Xa vexo que o pasades ben, aínda que chova. Excelentes crónicas, Afonso, e as fotos (se son tamén túas). Xa deixei ligazón no meu blog. Unha aperta.
Publicar un comentario
<< Home