martes, julio 10, 2007

DIA 10 MARTES, CERVEXA, CASTELO E... NON CHOVEU!!!
O certo é que o todo o día ameazou. Parecía que ía chover dun momento a outro. Tan atoldado estivo o ceo en todo o día que non vimos nin unha simple raiola de sol... pero non choveu. O que se agradece. E vou deixar de falar do tempo que non estamos nun ascensor nin somos descoñecidos Á mañá no control do recreo vimos que todo ben. Unha nova consulta por gorxa inflamada... e pouco máis. Aproveitei para lles facer unhas fotos aos profes dos seus fillos que seica se chaman Thomond, Fiona e non sei que máis. Hoxe á tarde en Dublín dividímonos en dous grupos. Os “novos” foron con Carme á fábrica da Guinness, onde para sorpresa dalgúns, levaban moi estritamente o de non convidar á pinta de cervexa negra aos menores de 18 anos. Tiveron un guía que lles explicou desde a orixe da descomunal factoría, tan céntrica, no medio do tecido urbano da cidade, ata o proceso de torrado da malta, etc. como cando tiñamos en Ourense a cervexa San Martín, lembran? Non estaba mal. Suave e rica. Moi bonito e moi interesante todo isto. Xa verán as fotos que lles levarán desde o bar acristalado da cima que é o punto máis alto desta cidade.
O outro grupo, os que xa estiveran na Guinness o ano pasado -menos algún desertor que recuncou a ver se caía algo- foron con Afonso ao Castelo de Dublín.
Sacándose a foto antes de entrar
Visita á sala do trono
Fixéronnos unha visita de 45 minutos moi interesante, aínda que a guía, como todos, coxeaba do pé de falar só do malos que foran os ingleses desde o século XII a Margaret Thacher... O Castelo de Dublín foi o centro do poder real vikingo, logo do poder real inglés ata a independencia. Agora é ocupado por oficinas administrativas e aloxamento de hóspedes ilustres (De Nelson Mandela a Margaret Thacher). E a boa da guía, de boa intención e inglés impecable, cometeu o erro de chamarnos preventivamente a atención con cara desagradable, para que se portasen ben os rapaces –que non se sentaran nos mobles, que non berraran, que non molestasen á outra xente pagaba moito por ver o palacio por dentro e outras lindezas. Ao final, coas precisas cortesía e ironía, foi reprendida por min mesmo. E acabou por dicir o “sorry” reconciliador e todos amigos. Logo demos unha volta polos verdérrimos xardíns do palacio e fomos á marabillosa Chester Beatty Library, un museo que recibiu o premio dos museos europeos en 2002 e que garda coleccións de manuscritos de todas as culturas do mundo e no que se expuña o orixinal do Códice de Leicester de Leonardo da Vinci, centrado nos estudos da auga e da lúa, cuxas teorías recolle mesmo a NASA, comprado e restaurado por Bill Gates. O museo fermosísimo e superagradable o espazo, mesmo cun restaurante cafetería aberta ao público. Acabamos coas estrelas invitadas do día.
Jaime López Garcia

Patricia Álvarez López

Carlota Mosquera Rodriguez Román Naveira Muñiz

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

hay que ponerles hipervinculos a las fotos, las del 10 de julio no los tienen

4:10 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

por fin bo tempo!!!!! fenomenal a idea do blog. Noraboa

8:55 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Estimado sr. Anónimo the first. Moitos gracias pola súa amabilidade e palabras de cariño... pero podíame indicar como se fai? Xúrolle que fixemos sempre igual e de repente, pum, deixou de facer vínculos. Oh! A ver se nos pode dar luz. Graciñas de novo.

9:35 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home