lunes, julio 09, 2007

DIA 9 LUNS: MOMIAS, ARRANXOS, UN MUSEO PRECIOSO E... CHUVIA A ESGALLA
Donabate é a seguinte estación a Malahide cara ao norte. Non hai dolmen á vista, aínda que de letreiros anda sobro.
Cando estudiaba eu inglés, hai bastantes anos, resultábame curiosa a diferencia entre “continually” e “constinuously”. O exemplo que nos puñan os profes era sempre o mesmo: Se chove “continually” significa que chove continuamente, e se chove “constinuously”, podiamos inventar a palabra, “continuosamente”, ou sexa, que non pára nin un minuto. Aquí chove “continually”, ou sexa hoxe parou pola mañá, pero pola tarde, cando nos cadrou visita a Dublín, foi “constinously” ou sexa, que case nos saen agallas e escamas. E o día foi intenso e interesante. Non serei eu quen me queixe da chuvia –"se a auga é boa para as árbores, non pode ser mala para as persoas", dicía o meu avó Tono- pero o certo é que xa podía ir parando. Pola maña na escola xa a boa rutina da aprendizaxe. Nós, pola nosa banda, arranxamos xa algunhas cousas moi interesantes. Por exemplo alugamos un bus e unha furgoneta para percorrer a illa de Aran o sábado día 14, cousa que non puideramos facer desde aí. Tamén concertamos o horario da viaxe prevista a Galway de ida e volta, e por esa banda do oeste, programa pechado. Hoxe en Dublín fomos a unha visita que, de partida, nos parecía un pouco estraña, pero que resultou moi ben pola actuación dun guía supersimpático que falaba un inglés moi coidado. Nin máis nin menos que fomos a unha igrexa (Saint Michans Church) que ten unha par de criptas con cadáveres momificados de persoas destacadas –monxas, nobres, delincuentes, etc.- que foron alí enterrados. Polo medio había ataúdes sen abrir, etc. Seica lles gusta moito aos rapaces, pero sería todo bastante trapallada se non fose polo guía que teatralizou durante un cuarto de hora a explicación do que alí abaixo había. Ao saírmos de alí, uns foron tomar un café e acollerse da chuvia ata as cinco en que volvíamos a Malahide e outros, fomos visitar o museo de historia da cidade localizado nos baixos da City Hall, xusto ao lado de Templer Bar que é a zona de copas. Este museo de historia local, dependente do Concello, pequeniño e interactivo, é unha marabilla e un exemplo. Ten desde os selos antigos da cidade e unha espada real, ata dez ou doce audiovisuais interactivos que complementan os paneis e as pezas –poucas- que se expoñen. Moi lonxe do concepto museo almacén. Un bo sitio para ir, desde logo. Despois saímos de alí e no tren que se chama DART -Dublin Area Rapid Train, ou "dardo", “petado” -como din os nosos alumnos- de xente, volvememos a casa en medio da chuvia que seguía caendo “constinuously”.
Hoxe deulles por ir maqueados a clase a estes catro. Xogos de rapaces.
Momias da igrexa de Saint Michains A cripta estreita de San Michains O interior do City Hall Nos baixos do City Hall, a exposición sobre a historia de Dublín. O sigillum de Dublín, sobre o panel, así, a vulto, é moi parecido ó de Allariz.

Audiovisuais por todas partes

Esta é a casa de Alba, claro.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Saudos dende a calurosa Auria, que o sigan a pasar así de ben .

8:28 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home