domingo, julio 15, 2007

14 DE XULLO, SABADO Pois son agora as once e media pasadas da noite. Hoxe foi o dia da viaxe a illa de Aran, a maior delas, Inish Mor. Tenho que dicir que saiu dez sobre dez. O tempo, marabilloso. Despois da chuvia torrencial de onte, hoxe luciu o sol todo o dia, e xa se sabe, a metade do exito da festa e que se poida estar ao sol. As nove e media saimos do albergue no bus que nos levou ata o embarcadoiro a uns corenta e cinco minutos. Fomos nos sos no bus. A viaxe, toda a beira do mar na parte norte da ria de Galway, que se vostedes a ven no mapa, parce case a de Vigo. A paisaxe era cuspidinha a de Galicia, moito valado de pedra, moita igrexa, todo ben. O condutor saudaba a todos os conhecidos que pasaban e axinha chegamos. A viaxe desde o embarcadoiro ata a illa moi tranquila. O mar estaba coma un prato e non se nos moveu nada o barco. Era como o que vai as Cies. Nos tivemos que ir no interior, pero non houbo problema ningun. Ao chegar a illa xa nos estaban esperando o microbus e a furgoneta. Xente superamable coa que percorremos o lugar das sete igrexas -onde comezou o cristinismo na illa- e logo a zona central, cuns acantilados que, realmente creo que e a paisaxe que mais me impresionou na vida. Nin Patagonia, nin Iguazu nin nada. Xa veran as fotos. Estabamos cun ollo encima dos rapaces sempre porque aquelas caidas a pico de centos de metros non son broma. Despois estivemos nun tremendo castro que aparece colgado sobre o mar. O noso condutor contabanos historias de marinheiros galegos que acollian os seus barcos nos temporais na illa e intercambiaban botellas dun conhac que tinha tres copas na etiqueta e que levaban os nosos marinheiros, por sacos de patacas. O condutor que tinha os seus sesenta e cinco anos ben cumpridos,dicia lembrar isto de pequeno e ainda tres palabras en espanhol: "senhora", "senhorita" e "cuchilo"... Eu pregunteille se non seria "cuchillo", e dixo, "non, non, chuchilo, co que se limpa o peixe"... Comedores de patacas e dicindo "cuchilo"... hai que localizar a historia desde o noso punto de vista. Os rapaces quedaron, e non podia ser menos, encantados. Manha, desde Malahide, fotos. Saude

2 Comments:

Blogger Paulino González said...

Esuvimos viendo en Google Earth las isla de Aran, que habeis visitado ayer. Efectivamente, la ría de Galway recuerda mucho a la ría de Vigo, y las islas a las Cies. Las fotos que aparecen de los acantilados son impresionantes. Se parecen mucho a los acantilados de los fiordos noruegos. Nos alegramos que lo esteis pasando muy bien y que admireis la naturaleza (esto lo dice Milagros). Saludos. Milagros y Paulino

12:03 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Preciosa irlanda...
pero que deixe de chover!!

9:35 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home