sábado, julio 14, 2007

DIA 13 VENRES Hoxe e catorce pola manha. Estou no Hostal de Galway, por iso vai a cousa sen enhes e sen acentos. Onte foi o dia da viaxe longa. Choveu a diolas dar durante a longa viaxe. Todo funcionou como un relo. A saida de Malahide, o coller o "coche de linha" para Galway... Logo tivemos o problema de que se xuntaron, a) obras na autopista que estan facendo polo centro do pais, b) o ser venres, c) o ser principio de quincena para moitos que collen vacacions, d) un dia superchuvioso... O caso e que nos fartamos de bus. Saimos de Dublin as duas e chegamos cerca das sete. O albergue e o mellor que tenho visto na minha vida desta clase. Tipo Casa da Xuventude de Ourense. Limpo, coidado, harmonioso, colorista, tranquilo, centrico, cun almorzo abundante... e foron eles aos que lles encargaramos o lugar da cea: un pub tipico irlandes con musica ao vivo... lento no servir pero cuns pratos tan abundantes e ricos que a maioria renunciou a tarta de maza que punhan de postre xunto cunhas bolas de xelado e nata. O lugar, Galway, delicioso. Un ambientazo tremendo. Como o luns comeza o festival de artes, esta cheo de musicos pola rua, e cousas destas. Debe ser a cidade na que se bebe mais cerveza por habitante de europa nestes momentos. Menos mal que aos rapaces non os deixan entrar. En calquera caso un sitio tranquilo con moito ambiente. Hoxe, arestora, 8,30 locais, non chove e parece que se vai manter o dia. Esperemos a ver. Na recepcion do Hostal, por fin lle puxemos cara ao italiano con que falabamos /Vicenzo/ e tamen a Paulo, un brasileiro que nos atende como compatriotas aproveitando qeu estivo o inverno pasado visitando a familia. Apelidase Chaves, a si que xa poden imaxinar de por onde son os seus ancestros. Os rapaces mais contentos que nun catro estrelas. Ou cinco. E mais comodos. Creo. Esqueceume a conexion da camara en Malahide, a si que non lles porei as fotos ata que volvamos a Malahide. Pero mellor isto que nada.