jueves, julio 12, 2007

DIA 12 XOVES. CLASES E MUSEOS
Pola mañá, as clases habituais das que pouco lles podo contar porque non estou nelas. Creo que van ben. Uns un pouco máis adiante e outros un pouco máis atrás. Uns con profes máis simpáticos e outros con menos... como a vida mesma. Hoxe démoslles as instrucións para a viaxe que emprendemos mañá. Levar mochila, calzado cómodo, roupa de abrigo, chuvasqueiro ou similar, un par de mudas, e pouco máis. Sairemos ás 12.55 de Malahide, collemos un bus en Busaras -a estación de autobuses de Dublín- ás 14 h. e saímos cara a Galway. Se cadra aínda imos nun bus nós sós... ou se cadra non. Depende. Como somos 40 porán un bus extra e pode que metan nel xente ou non. Xa veremos. En Galway estaremos sobre as cinco e media da tarde, no Hostal Kinlay, repartiremos os cuartos e iremos dar unha volta polo centro do lugar ata as 19.30 que temos a cea nun restaurante. O sábado ás 9,30 cóllenos un bus no Hostal e lévanos ao lugar desde onde sae o barco a Illa Maior de Aran (Inis Mor), ás 10,30. Ás 11,15 chegaremos á illa e ao pé do peirao agárdanos un bus pequeno e unha furgoneta para facer o percorrido pola illa dunha 3 ou 4 horas con paradas en seis puntos interesantes. Mirado o tempo, creo que o sábado será mellor có domingo e có venres. Hanos cumprir porque Aran, polas fotos, é como o Cabo Prior ou Vilán ao besta. No Hostal de Galway existe wifi, pero non imos carrexar o ordenador ata alá así que, se non hai outra cousa, non creo que poidamos facer o blog nos dous días que veñen, por iso lles conto hoxe os plans de futuro. Hoxe, volvamos ao rego, Carmen foi cos “novos” ao Museo Arqueolóxico. Só estaba visitable a primeira planta -a máis interesante para min, orfebrería céltica, etc.- porque o outro día caeu nun museo unha escaleira e pecharon todoas as plantas superiores dos museos para revisar as subidas. Despois do mesmo, foron a ver a estatua de Oscar Wilde que existe na esquina de Marrion Sq. e famoso polas súas frases, e logo pasearon polo Prado de Santo Estevo – ou Saint Stephan Green- para rematar na rúa de Garfton, que é como o Paseo en Ourense. Os outros, os que xa estiveran o ano pasado no Arqueolóxico, foron con Afonso ao Museo de Arte Contemporánea. Algunha cousa interesante –a exposición de Lucian Freud, o neto de Sigmond e moita trapallada. Moitas salas pechadas, pero en inmellorable localización. Depois fomos ao encontro dos outros onde a estatua de Molly Maloon e dispersámonos para o late nite shopping, ata o momento de volver a Malahide. A chuvia respectounos de novo.
Eva Rodríguez González, que non quere fotos.
Ágata e Natalia, piden foto no tren

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

A ver se algúen me pode explicar por que nun momento dado deixou de crear links ás fotos para velas máis grandes pulsando.
¿Que terei que facer para que todo volva ser como antes?
Se o sabes, por favor escríbemo a monxardin@gmail.com
Graciñas

11:55 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home