domingo, julio 15, 2007

DIA 15 DOMINGO, VOLTA A MALAHIDE

Hoxe non madrugamos moito. Ás nove almorzamos. Ás dez deixamos toda a equipaxe no cuarto habilitado ao efecto no Hostal e ás dez e media saímos a dar un paseo pola cidade os que quixeron... a maioría, aínda que outros quedaron no Hostal esbarraganados porque seica non durmiran ben... se cadra porque amence moi cedo. Os que connosco viñeron, viron o espantoso busto dedicado a Kennedy –estivo aquí no 63 pouco antes do seu asasinato e é unha figura comparable aquí ao Papa ou aos fundadores de Irlanda-, visitamos a Catedral, o Arcos dos Españois e o Museo de Galway. Un museo de historia local montado á última e cunha serie de exposicións temporais superinteresantes. Despois, á unha e media saímos cara a Malahide a onde chegamos antes das seis da tarde despois de facer transbordo en Dublín e todo OK. Pero como levo días sen fotos, aí van algunhas. Saúde PD/ Mañá, por cuestións de axenda do xacemento, imos ver Newgrange. Que gusto ter de novo acentos e eñes...Póñolle as fotos “a feito” cun pequeno comentario, que é tremendamente liado para min o ordenalas. Desculpen.

Os tres duendes que nos encontramos en Aran cantando para os turistas un romance irlandés en lingua inglesa moi triste sobre a emigración e as voltas da vida. Estaban entre os toxos -tix, en celta local, segundo aprendemos-e soaban de marabilla.

Menos mal que nos conquistaron os romanos, doutra forma falariamos algo así... ¿Que que di? Vai ti ver. Estaba no peirao de chegada á Illa Maior.

Dorna local de velas encarnadas. Tipica, pero quendan poucas.

Botando unhas risas a bordo, Nuria Pazos

Ao pé do impresionantísimo castro de Dún Aonghasa, cortado a pico sobre o cantil.
Un alto no camiño para o primeiro día de sol Quen quixo enteirarse oiu como a rasa costeira se elevara desde o fondo do mar e viu que todas as rochas sedimentarias que forman o solo da illa, estaban cheas de fósiles mariños, cunchas, esponxas, etc. Nin Gael nin Patricia -nin ningún dos outros- caeron ao mar, cousa que nos alegrou moito. Xogando ao pé do castro Vista do poboado principal da illa. Mozas ao borde do precipicio, sen segundas.O arco da vella recibiunos en Galway Eva prefería esta foto para o blog Por riba dos catro, a liña da illa. Imaxinen o que sería vivir aquí.
O venres no medio do atasco cara a Galway As once da noite no parque infantil de Galway, con luz solar As instalación do Hostal que nos encantou a todos. Outro exemplo de casa, a de Enma. Así todas, máis ou menos.