Hoxe non madrugamos moito. Ás nove almorzamos. Ás dez deixamos toda a equipaxe no cuarto habilitado ao efecto no Hostal e ás dez e media saímos a dar un paseo pola cidade os que quixeron... a maioría, aínda que outros quedaron no Hostal esbarraganados porque seica non durmiran ben... se cadra porque amence moi cedo. Os que connosco viñeron, viron o espantoso busto dedicado a Kennedy –estivo aquí no 63 pouco antes do seu asasinato e é unha figura comparable aquí ao Papa ou aos fundadores de Irlanda-, visitamos a Catedral, o Arcos dos Españois e o Museo de Galway. Un museo de historia local montado á última e cunha serie de exposicións temporais superinteresantes. Despois, á unha e media saímos cara a Malahide a onde chegamos antes das seis da tarde despois de facer transbordo en Dublín e todo OK. Pero como levo días sen fotos, aí van algunhas. Saúde PD/ Mañá, por cuestións de axenda do xacemento, imos ver Newgrange. Que gusto ter de novo acentos e eñes...Póñolle as fotos “a feito” cun pequeno comentario, que é tremendamente liado para min o ordenalas. Desculpen.


Os tres duendes que nos encontramos en Aran cantando para os turistas un romance irlandés en lingua inglesa moi triste sobre a emigración e as voltas da vida. Estaban entre os toxos -tix, en celta local, segundo aprendemos-e soaban de marabilla.

Menos mal que nos conquistaron os romanos, doutra forma falariamos algo así... ¿Que que di? Vai ti ver. Estaba no peirao de chegada á Illa Maior.
Dorna local de velas encarnadas. Tipica, pero quendan poucas.
Botando unhas risas a bordo, Nuria Pazos
Quen quixo enteirarse oiu como a rasa costeira se elevara desde o fondo do mar e viu que todas as rochas sedimentarias que forman o solo da illa, estaban cheas de fósiles mariños, cunchas, esponxas, etc.
Nin Gael nin Patricia -nin ningún dos outros- caeron ao mar, cousa que nos alegrou moito.
Xogando ao pé do castro
Vista do poboado principal da illa.
Mozas ao borde do precipicio, sen segundas.
O arco da vella recibiunos en Galway
Eva prefería esta foto para o blog
Por riba dos catro, a liña da illa. Imaxinen o que sería vivir aquí.






0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home